Premios Innova-G

Saltar ó contido
Categorías: Mellor start-up galega, Mellor emprendedor/a galego/a TIC 2.0, Mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns, Mellor desenvolvemento 2.0, Mellor deseño para todos, Mellor campaña social media, Mellor aplicación para dispositivos móbiles.

2 premios por categoría: Premio dos internautas e Premio do xurado.
 

Promovidos por

Coa colaboración de

PREMIOS INNOVA-G 2011, II EDICIÓN - BASES

Premios promovidos por AGESTIC co apoio da Xunta de Galicia, Universidade de Vigo - Escola Superior de Enxeñería Informática, Grupo Femxa e Novacaixagalicia.

Poden participar as empresas tecnolóxicas galegas, de Internet ou que desenvolvan proxectos/productos/servicios 2.0 ou contidos dixitais.

Galicia conta con empresas tecnolóxicas que fan posible cos seus desenvolvementos unha Galicia actual, competitiva e cun pé no futuro. Contamos con emprendedores, con bos profesionais, con mulleres e homes con talento… con moito talento. As empresas, os seus productos/servicios, as persoas… merecen ser recoñecidas.

Sete categorías e dous premios por categoría: premio dos internautas e premio do xurado.

  • O premio dos internautas é por votación popular das candidaturas.
  • O premio do xurado otórgao un xurado composto por representantes dos promotores e entidades que apoian os premios.

CATEGORÍAS

Pódese participar nunha ou varias categorías, podendo a organización reclasificar a candidatura se estima que encaixa mellor nela. Débese describir en cada candidatura os aspectos mencionados nas bases de cada categoría, por exemplo: en emprendedor describirase a traxectoria persoal/profesional, en deseño para todos describe como está deseñada a web e se cumpre a accesibilidade, etc.

Mellor start-up galega

Empresa galega constituída a partir do 2009, altamente tecnolóxica e innovadora, na que se valorará o grao de novidade do producto/servicio tecnolóxico, de Internet ou contidos dixitais desenvolvido ou prestado, o seu crecemento exponencial, a visión globlal, as posibilidades de expansión internacional, o ambiente de traballo, igualdade de xénero, promoción da sostenibilidade e os valores sociais.

As candidaturas desta categoría deben centrarse en explicar as características da empresa, podendo comentar brevemente os proxectos nos que participa. Por exemplo, sería recomendable incluir: ano de constitución da empresa (non inferir a 2009), número de socios, número de traballadores (proxección), financiación privada (businnes angels, capital risco...) ou financiación pública (subvención...), breve descripción do producto/servicio, viabilidade económica, ambiente de traballo (horario laboral, flexibilidade, igualdade de xénero...), ámbito de actuación (Galicia, España, mundial...), posibilidades de internacionalización, etc.

Mellor emprendedor/a galego/a TIC 2.0

Premio ó galego ou á galega líder que día a día, xunto ao seu equipo, saca adiante un proxecto empresarial TIC 2.0… desde Galicia para o mundo (ou dun galego para o mundo, xa que non é requisito que o proxecto ou empresa esté radicada en Galicia.). Non hai límite de idade. Rexistra a túa candidatura explicando a túa traxectoria persoal e profesional no mundo das empresas tecnolóxicas galegas.

Mecánica: Incríbete directamente ou suxire a outra persoa vía Twitter. Seguro que coñeces a mais dunha persoa, nacida en Galicia, que é un bo exemplo de emprendedor/a TIC 2.0. Escribe no Twitter o hashtag: #melloremprendedorticgalego seguido do seu nome en Twitter (@nick) ou, se non ten, seguido do seu nome, apelidos e empresa. Dende a organización dos premios nos poremos en contacto con aqueles con maior número de mencións e, se acceden, rexistraremos o seu perfil como candidatos aos premios.

Mellor campaña social media

Premio á empresa de marketing dixital que desenvolvese unha ou varias campañas (pódense presentar cantas campañas se desexen, realizadas no 2010 ou 2011) nas redes sociais e servicios 2.0. Tamén pode participar calquiera PEME galega que ela mesma faga uso das redes sociais e servicios 2.0 (Twitter, Facebook…), campañas de publicidade web con participación cidadá, ou campañas de social media.

Mellor desenvolvemento 2.0

Premio á PEME galega responsable do desenvolvemento 2.0 (redes sociais, comercio electrónico, e-learning, e calquera outro proxecto tecnolóxico que implique a participación directa do usuario final) que sexa considerado o mellor feito en Galicia no 2010 ou 2011.

Mellor aplicación para dispositivos móbiles

Premio á PEME galega responsable do mellor software, da mellor aplicación para dispositivos móbiles, desenvolvida no 2010 ou 2011.

Mellor deseño para todos

Premio á PEME galega responsable de modelo ou modelos usables e accesibles, hardware ou software, desenvolvido no 2010 ou 2011. Porque ninguén debe quedar excluído, e debe ser doado e cómodo utilizar a tecnoloxía. En canto a páxinas web, para que esta candidatura sexa tida en conta deberán devolver 0 erros automáticos de Nivel A e menos de 5 erros automáticos de Nivel AA coa ferramenta TAW (tawdis.net) da fundación CTIC (requisito imprescindible para páxinas web).

Mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns

Premio á PEME galega responsable dun desenvolvemento tecnolóxico ou en Internet do 2010 ou 2011, gracias ao cal se produce unha innovación clara na calidade dos servicios sociais, sanitarios, educativos ou outros e se mellora sustancialmente a calidade de vida das persoas.

MENCIÓNS DE HONOR

Mención de honor a entidades pola súa labor en impulsar a Sociedade de Información.

Mención de honra, otrogada polo xurado, a aquela entidade (asociación empresarial, sindicato, universidade, administración pública, etc.) que realizase e realice unha labor intensiva e fructífera de impulso da Sociedade de Información.

Mención de honor pola difusión das TIC

Mención de honra, otorgada polo xurado, a aquel proxecto, empresa, medio de comunicación, evento, blog… que colaborase e colabore na difusión das Tecnoloxías de Información e Comunicación dunha forma proactiva e poñendo especial énfase en Galicia, as súas empresas, entidades, productos, servicios e proxectos.