A innovación chegou ao mundo da arte grazas a un grupo de mozos emprendedores que desenvolveron un novo proxecto ligado ás novas tecnoloxías. ArtGalicia, que así se chama o proxecto, nace nun momento de gran tormenta/tempestade económica con moitos sectores, entre os que se atopa o sector artístico, fortemente afectados pola situación dos últimos anos. A pesar disto, ArtGalicia créase como un modelo de negocio dinamizador que axude a potenciar e a promocionar a arte de calidade, e dala a coñecer a través de Internet e das redes sociais.
ArtGalicia actualmente é unha comunidade aberta de novos e consolidados artistas para expoñer as suas obras . Grazas a campaña de marketing desenvolta por ArtGalicia, axuda ao interesado do arte galego a estar informado periodicamente de novos artistas, novas obras e exposicións no ámbito de Galicia.
No desenrolo da web, ArtGalicia ha traballado para chegar a toda persoa namorada do arte galego. Despois de contactar cos artistas, quixose que a web, fora a súa web. Grazas a criticas de redes sociales, chegamos a conclusión que ArtGalicia é un entorno web amigable, que en poucos pasos o visitador deste espacio visualice o traballo do artista e sobre todo accesible para calquer usuario.
No desenrolo técnico, utilizóuse unha solución e-commerce con licencia libre. O motor de funcionamento básase nunhas plantillas Smarty. E diseñouse un estilo personalizado para que o visitante se sinta cómodo.
Para acercar o artista ao cliente, ArtGalicia presentou “Arte a medida”. “Arte a Medida”, é unha idea orixinal de ArtGalicia, que grazas ao potencial dos artistas, dáselle volta ao concepto máis tradicional de cómpra‐venda da arte. Pódese considerar que este concepto forma parte da innovación máis radical deste proxecto, xerando un WIN‐WIN entre o artista e o cliente final, porque segundo un concepto ou idea ofrecida polo cliente final, o artista terá a total liberdade de deixar o seu selo máis significativo, a súa obra. É dicir, Arte a medida concíbese como un labor de asesoría artística na que o cliente final preséntanos os seus desexos artísticos e ArtGalicia axúdalle a atopar ao artista que mellor satisfaga as súas necesidades.
Sitio Oficial de ArtGalicia: "Arte a medida"

