Premios Innova-G

Saltar ó contido
Categorías: Mellor start-up galega, Mellor emprendedor/a galego/a TIC 2.0, Mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns, Mellor desenvolvemento 2.0, Mellor deseño para todos, Mellor campaña social media, Mellor aplicación para dispositivos móbiles.

2 premios por categoría: Premio dos internautas e Premio do xurado.
 

Promovidos por

Coa colaboración de

Galebook contidos dixitais

Gañador do Premio do xurado como Mellor start-up galega na Edición 2011
Imaxe da candidatura de admin

GALEBOOK

novos DISPOSITIVOS, novos FORMATOS, novos EDITORES

 

Somos unha empresa de servizos lingüísticos no ámbito dixital, nacida nos viveiros de empresa da Universidade da Coruña. Colaboramos en proxectos de lingua e novas tecnoloxías e creamos e publicamos contidos dixitais co selo Edicións Galebook. Acabamos de publicar o noso primeiro libro electrónico As Trovas de Midas de Diana Varela Puñal.

 

quen somos?

 

Pilar López Esperante, Estela Mosqueira Suárez, María Prol Conde e Felipe García Fandiño, un equipo formado por catro filológos, especializados no uso das novas tecnoloxías aplicadas á lingua e con experiencia nos seguintes campos:

 

  • Lingüística Computacional e enxeñaría da lingua

  • Editorial

  • Educativo

  • Dixitalización e documentación de textos

 

que facemos?

 

  • LIBROS ELECTRÓNICOS (ebooks) en lingua galega.

  • CONTIDOS EDUCATIVOS DIXITAIS trilingües.

  • Print on demand.

 

E aínda que ofrecemos outros servizos lingüísticos e editoriais, o noso é a creación e edición de contidos dixitais para os ámbitos literario, educativo ou profesional. Publicamos estes contidos baixo o selo Edicións Galebook e adaptámolos aos diferentes formatos electrónicos para que sexan compatibles cos novos dispositivos que aparecen no mercado.

 

contra os tópicos!

 

Ante a idea de que a docencia é a principal saída laboral para os licenciados e licenciadas en Humanidades e de que a maioría dos emprendedores son homes, nós optamos pola nosa especialización e o autoemprego. O 12 de xullo de 2010 emprendemos este proxecto empresarial e estamos orgullosos de emprender

  • en feminino

  • desde as Humanidades

  • poñendo as TIC ao servizo da lingua e da cultura

 

Preocúpanos a nosa responsabilidade social como empresa e desde as nosas posibilidades traballamos en igualdade de xénero e de oportunidades, conciliando o noso traballo coa nosa vida familiar; os nosos produtos respectan o medio ambiente e normalizan a nosa lingua e a nosa cultura na SI (Sociedade da Información).

 

 cal é a nosa achega? 

 

  • Dinamizamos a creación de cultura e fomentamos o seu acceso e consumo a través das novas tecnoloxías.

  • Coñecemos as novas plataformas de comunicación e utilizamos as TIC para impulsar con eficiencia a difusión de obras e autores en lingua galega.

  • Aportamos un valor engadido ao proceso de ensinanza-aprendizaxe creando e publicando material educativo dixital.

 

cal é a nosa traxectoria?

 

  • Desde o ano 2010 estamos no viveiro de empresas da Universidade da Coruña. E agora somos Empresa asociada á UDC.

  • Gañamos o X Concurso de proxectos empresariais innovadores da USC, na categoría de muller emprendedora.

  • Temos a cualificación de Iniciativa Empresarial de Base Tecnolóxica (IEBT) da Xunta de Galicia.

 

Ata o momento este proxecto está financiado polo capital dos socios; como IEBT, podemos optar a axudas cofinanciadas pola Xunta de Galicia e Fondos Europeos. Non descartamos a posibilidade de ampliar capital coa axuda de capital risco.

 

Queremos ir!

 

Entre os nosos proxectos figura unha liña editorial para a tradución, edición e publicación de obras e autores galegos ao inglés. Ampliar a distribución dos nosos libros en plataformas multinacionais de venta. Investir na creación dunha ferramenta propia para o deseño de material educativo dixital.

Imaxe2 da candidatura de admin