Premios Innova-G

Saltar ó contido
Categorías: Mellor start-up galega, Mellor emprendedor/a galego/a TIC 2.0, Mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns, Mellor desenvolvemento 2.0, Mellor deseño para todos, Mellor campaña social media, Mellor aplicación para dispositivos móbiles.

2 premios por categoría: Premio dos internautas e Premio do xurado.
 

Promovidos por

Coa colaboración de

PéZcalo, innovación contra a crise, "made in Galicia"

Finalista do Premio do xurado como Mellor start-up galega na Edición 2011
Imaxe da candidatura de admin

 

www.pezcalo.es, fundada por Javier Sousa e Iván Fociños, abre a súas portas hai apenas 3 meses apostando pola innovación e o comercio electrónico e facendo fronte á crise económica cun proxecto moderno e moi ambicioso: un entorno 2.0. de compra de produtos de pesca deportiva de ámbito nacional. Ademais da tenda en liña, un dos pilares do proxecto e a participación nas conversacións do seu target, os pescadores, coma “compañeiros de pesca”.
 
 
Financiación
 
Neste corto período, a start-up galega conseguiu o respaldo económico de institucións públicas como Enisa, Empresa Nacional de Innovación, a nivel estatal, e Igape, Instituto Galego de Promoción Económica. Tamén apoia o proxecto Xesgalicia, sociedade xestora de entidades de capital risco galega, cunha aportación de 100.000 €. A saída do ecommerce vese, polo tanto, reafimada economicamente por diversos sectores clave no mundo financieiro galego e por institucións que promoven a innovación empresarial e dan soporte ós emprendedores con ideas de negocio de alto potencial.
 
Premios
 
Ademais do apoio económico, a empresa foi recoñecida co premio MOCE á mellor ideade negocio pola Fundación Ronsel. Este certame pretende impulsar o traballo dos emprendedores que co seu esforzo contribúen ó desenvolvemento económico, creación de riqueza, progreso e benestar de Galicia. Os premios contan coa colaboración da Consellería de Traballo da Xunta e a Obra Social de NovaCaixaGalicia.
Tamén o Concello de Carballo, a través da Concellería de Promoción Económica e coa colaboración da Cámara de Comercio de A Coruña concederon á star-up o primeiro premio á mellor idea empresarial do certame Carballo Emprende.
 
O equipo
 
Os socios fundadores de PéZcalo, que xa conta con 8 traballores, son firmes defensores do tele-traballo e da flexibilidade laboral e apostan pola potenciación do talento interno como clave para o éxito humano do proxecto. A través do seu blog corporativo, Making Of (www.proyectopezcalo.com), os traballadores teñen a oportunidade de comentar a súa experiencia no día a día e facer artículos sobre o ámbito no que traballan.
 
A empresa conta cun equipo moi orientado á tecnoloxía, ó marketing de produto e á comunicación 2.0. e o deseño.
 
Plans de futuro
 
A start-up galega pretende, nun corto período de tempo, comezar operacións noutros países da UE e ampliar o seu catálogo de produtos cara outros segmentos afíns á pesca.